Sandiás entrega tres vivendas sociais recén rehabilitadas.

Felipe Traveso, rexedor de Sandiás pola Agrupación de Electores de Sandiás
Sandiás entrega tres vivendas sociais recén rehabilitadas.

Os inquilinos estrearon as súas novas vivendas o día 1 de xaneiro.

O Concello de Sandiás estrea tres novas vivendas de aluguer social. As tres instalacións foran, en tempos, as casas dos mestres que traballaban nas escolas da localidade. Dúas das tres que se rematan de rehabilitar están na aldea de Piñeira de Arcos. A terceira sitúase en Couso, onde están en proceso de rehabilitar unha cuarta.

Xa hai anos que os diferentes gobernos locais que pasaron pola casa consistorial de Sandiás, ían arranxando aos poucos as estancias. O obxectivo é ofrecer aos veciños con renta baixa ou en risco de exclusión social, un lugar onde vivir con comodidade e en boas condicións.

A contía do alugueiro é de 30, 60 ou 100 euros, segundo os recursos económicos dos que dispoñan os demandantes. Aínda que os contratos terán unha duración de tres meses, existe posibilidade de prórroga. Xa son tres as persoas que solicitaron os alugueres, aínda que só dúas das vivendas foron adxudicadas até o de agora. As tres vivendas foron xa entregadas aos seus novos inquilinos: a dous mediante concurso público e unha terceira cunha tramitación de urxencia. Nos baixos das vivendas están actualmente instalados os tanatorios das aldeas.