Sandiás executa melloras na estación de tratamento de auga potable de Cardeita e de bombeo ao depósito do Novaiño

foto 4. obras ampliacion etap
Sandiás executa melloras na estación de tratamento de auga potable de Cardeita e de bombeo ao depósito do Novaiño
Augas de Galicia inviste mási de 48.000 € nas dúas obras

A ETAP do Tesiño, aldea de Cardeita, no concello de Sandiás é unha estación de tratamento de auga potable construida no 1996. Un episodio no ano 2019 foto bombas 3de detección de parámetros relacionados cos niveis de nitratos que presentaban valores sensiblemente altos, levou o concello de Sandiás a executar unha intervención de mellora na ETAP, procedendo a instalación dunha desnitrificadora cunha inversión aproximada de 20.000 Euros e que de forma inmediata normalizou os parámetros de nitratos nas analíticas da auga.
A obsolescencia dos materiais, o necesario mantemento, deficiencias no caudal e presión das bombas para lograr eficacia en retención de nitratos, baixo rendemento do sistema de eliminación do ferro e manganeso nos filtros, rendementos baixos e alto consumo dos equipos de “bombeo en alta”, levan de novo ó concello de Sandiás neste ano 2021 a realizar outra intervención de mellora, executada e financiada ó 100% por Augas de Galicia por un valor de 48.020,67 Euros.
As intervencións de mellora divídense en dúas grandes accións
. Unha primeira, consistirá en substituír o actual equipo de bombeo da ETAP instalando un novo que garanta caudal e presión permanente grazas ao sistema de alternancia de bombas. Unha segunda, consistirá en substituír os equipos actuais de “bombeo en alta” desde a ETAP ao depósito distribuidor do Novaiño, instalando un novo equipo de bombas multicelulares logrando un arranque progresivo da instalación, control permanente de caudal e presión, actuación de bombas auxiliares en caso de avaría e significativo aforro de enerxía eléctrica.

Tamén se está ampliando a ETAP para almacenaxe de produtos químicos.