Sandiás está a limpar os colectores de lixo, polos diferentes pobos

foto 4(1)
Sandiás está a limpar os colectores de lixo, polos diferentes pobos

Persoal especializado e un camión especial encárganse dos traballos.

Estes días está a proceder nas diferentes aldeas do concello de Sandiás ás labores de limpeza e desinfección dos colectores, seguindo os itinerarios habituais establecidos para a recollida do lixo.

Comprende unha limpeza e desinfección individual a fondo de cada colector que se repetirá de forma periódica. Dito traballo de lavado e desinfección ven sendo realizado pola Deputación de Ourense.

foto 3