Patricia F.S
23 de junio de 2016, 14:16
O Concello de Sandiás organiza un evento deportivo para descubrir a natureza da zona. Unha das actividades é unha carreira de 15 quilómetros que terá lugar polos montes do concello. Unha delas está pensada para adultos e outra para os máis pequenos.
Por outra banda os que lle guste camiñar teñen a oportunidade de participar nunha andaina de 13 quilómetros que percorrerá as carballeiras e corredoiras de Sandiás.
A cita deportiva terá lugar o vindeiro 2 de xullo a partir das 16.30h da tarde. Para anotarse é preciso entrar na páxina web GaliTiming.