miércoles. 06.07.2022

Seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, o Concello de Sandiás, emitiu un bando informativo dirixido aos veciños no que se solicita “un consumo responsable de auga de abastecemento público”. No mesmo ponse de manifesto a importancia de non empregar a auga deste servizo para regar fincas, hortas, xardins ou lavado de vehículos.

Desde a administración local lembran que “debemos respetar o consumo de auga, limitando o seu emprego exclusivamente para usos domésticos”.

Noutros municipios da comarca tamén se ten en conta a sequía, especialmente de cara ao periodo estival, que pode provocar problemas de abastecemento. Desde os concellos piden responsabilidade e cautela á hora do emprego da auga de abastecemento público.

M.T