SANDIÁS, POLO CAMIÑO DA IGUALDADE

Sandias conmemora o 25N
SANDIÁS, POLO CAMIÑO DA IGUALDADE
NINGÚN DÍA DO ANO CANSARÉMONOS DE DICIR "NIN UNHA MENOS

O Concello de Sandiás reivindica a igualdade e a loita contra a violencia de xénero cunha concentración ao carón do mural das gradas do campo de SanNicolás e a lectura dunha Declaración Institucional. Levouse a cabo o venres, 25 de Novembro ás 12.00 h. coa participación de traballadores do concello, do centro de saúde, alumnos e alumnas do Punto de Atención Infantil, do Ceip de Sandiás e veciños e veciñas das distintas aldeas do concello. En total, medio centenar de persoas participaron no acto.

O Concello de Sandiás co 25deNovembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Con motivo da conmemoración de este día reiteamos o noso absoluto rexeitamento a calquera forma de violencia psicolóxica, física ou sexual, exercida contra a muller. Tamén coas mulleres e menores asasinados e orfos a consecuencia da violencia de xénero.