Sandiás pon en marcha un proxecto de dinamización comunitaria

foto
Sandiás pon en marcha un proxecto de dinamización comunitaria
Desde a Concellaria de Xustiza Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, botou a andar o “Proxecto de Dinamización Comunitaria

O proxecto está aberto a todos os públicos e todos os sábados de 16.00 h a 20.00 h no Local Social de Sandiás.

cartaz do programa
cartaz do programa

As instalacións dispoñen do equipamento e os medios que faciliten o desenvolvemento e execución do conxunto de actividades de dinamización sociocultural de forma axeitada. O programa dirixe as súas actividades a promover a participación das veciñas e veciños de todas as idades co fin de potenciar o benestar social, promover patróns de vida saudable e ocio activo, mellorar a calidade de vida no rural e facendo fincapé en satisfacer as necesidades da poboación envellecida nun contexto de progresivo despoboamento e soidade.

Por iso se realizan eventos no mesmo espazo para facilitar tamén que interactúen os máis novos cos máis maiores: lectura, escritura, xogos de mesa, audicións musicais, debuxos, mandalas, labores de bordar, coser, calcetar, ganchillar, exercitar a memoria e pequenas charlas sobre temas que lles preocupan a maiores e novos e outras iniciativas que se irán incorporando ao programa de xeito progresivo.

Pilar Cabrera, coordinadora do programa, desde a Concellaria de Xustiza Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, afirma que a intención é que a idea e a súa posta en práctica vaian crecendo aos poucos.