Sandiás pon en valor o Camiño do sueste-Via da Prata o seu paso polo concello con diferentes iniciativas

foto 1. O camiño no tramo da Patomela
Sandiás pon en valor o Camiño do sueste-Via da Prata o seu paso polo concello con diferentes iniciativas
Ao longo do mes de xullo, agosto e setembro

Sandiás é un dos moitos concellos polos que pasa o Camiño do Sudeste/Vía da Prata e por iso está decidido a polo en valor no marco do programa cultural Xacobeo 2021/22 que pon en valor devandito camiño cun amplo catálogo de actividades de diferente natureza e para todos os públicos baixo o paraguas dun programa cultural denominado:

Sandiás, encrucillada de camiños e caminantes: entre romanos, irmandiños, fidalgos e peregrinos.

Ademáis dos novos tramos de senda peonil e o seu acondicionamento como variantes do trazado oficial do camiño conseguidos a través da Axencia de Turismo de Galicia no ano 2020 que permitirán que o percorrido gañe en seguridade e beleza natural, o concello conta cun plan amplo de actividades para por en valor o camiño.

Algunhas das primeiras activadas no mes de abril e maio foron a inauguración e promoción da ruta de avistamento de aves pola zona das Areeiras de Sandiás por onde pasa unha das novas variantes do camiño de Santiago, as visitas guiadas planificadas con guías profesionais ao patrimonio viario do camiño máis significativo como foron as visitas guiadas a Igrexa de Santo Estevo polo seu V Centenario ao longo dos meses de abril, maio, xuño e xullo e as II Visitas guiadas ao pazo e pombar do Telleyro en Couso de Limia afondando na fidalguía e na cultura pazega cun resultado moi exitoso.

Ao longo do mes de xullo, agosto e setembro, comezaron as actividades para os rapaces e rapazas do Campamento de Verán Concilia 2021. Entre as moitas que se van a levar a cabo durante caseque tres meses, hai varias específicas sobre a posta en valor do camiño de Santiago. Destacan o visionado de vídeos promocionais do camiño realizados pola Xunta de Galicia, coloreo de mapas de camiños de Ourense utilizando materiais didácticos varios, quebracabezas da Vía da Prata/Roteiro Mozárabe, xogo en equipo sobre o coñecemento do camiño de Santiago, visita ao albergue de Sandiás para coñecer unha institución hospitalaria ao servizo dos peregrinos e experimentar como se realiza a acollida contemporánea aos peregrinos. Finalmente a realización dunha andaina por un tramo dunha das variantes do camiño polo paraxe denominado “A Nogueira” ata a aldea de “Piñeira Da Riba”, onde o camiño xa colle cara San Salvador dos Penedos ( Allariz) Nesta andaina infantil recollerán lixo, coñecerán o patrimonio natural, o patrimonio histórico e etnográfico ( ermidas, fontes, muiños, pontillóns), o patrimonio inmaterial (lendas) e terán a oportunidade de coñecer unha iniciativa dos rapaces e rapazas de Piñeira da Riba que deron en chamar “ O Museo do Camiño”. Tamén farán unha avaliación do camiño achegando as fortalezas e as debilidades do mesmo que lle farán traslado o alcalde do Concello nunha sesión de pleno ou parlamento infantil.

Xa non mes de Agosto, levaránse a cabo actividades para todos os públicos. Comezaron cunha exposición na Casa da Cultura de 25 láminas coa técnica da pluma estilográfia que leva por título “ Os camiños da vida” do autor Manuel Traveso da aldea de Vilariño das Poldras, pondo en valor os produtos artísticos xurdidos ao carón do camiño. Continuarán as actividades coa realización dun video que presentará a visión do camiño a vista de páxaro e concluirán cunha Andaina aberta a todos os públicos polo Camiño de Santiago o seu paso por Sandiás en seis tramos, algúns deles polas distintas novas variantes. Algúns dos temas e teimas que se recorrerán teñen relación coa toponimia dos lugares de paso, patrimonio natural, etnográfico, arquitectónico, lendas, fontes, petroglifos, castros, etc. Organizaránse grupos burbuxa cun guía propio. Ademáis de por en valor o camiño, trátase dunha actividade saudable que pretende fomentar a convivencia entre veciños e non veciños nun contexto de post-pandemia. Haberá petiscos nas zonas de avituallamento establecidas e farase tamén unha visita ao Albergue de Peregrinos para que coñezan as reformas levadas a cabo.

De cara o autono, realizarase a presentación da sección de turismo da Web do concello de Sandiás onde aparecerán unha selección de “lugares de interese” con documentación histórica, fotográfica, xeolocalización, visión 360 graos, mapas turísticos interactivos así como códigos QR.

No mes de setembro e outubro desenvolverase o curso formativo de sensibilización, “Como chegar ben e gozar do Camiño. Previr o dano cerebral no Camiño de Santiago (traumatismos, ictus…)”, impartido por FEGADACE (Federación Galega do Dano Cerebral) e a presentación da publicación sobre o camiño de Santiago do autor Edelmiro Luis Mateo García, moi valorado profesional e artísticamente en Verín, que falará sobre o seu libro recén publicado “O instinto de Alazán”.

Por último, tamén se aprobou en equipo de goberno a solicitude conxunta co Concello de Xinzo de Limia dunha subvención á Conselleria de Emprego e Igualdade, para a realización dun Obradoiro de Emprego denominado “Obradoiro de emprego na Vía da Prata”, cunha duración de 9 meses e de 16 alumnos traballadores. Contemplanse módulos de Albañelería, Xardíns e zonas verdes.