Sandiás pon en valor o seu patrimonio do Camiño

Foto 1.Paneis co patrimonio viario do camiño
Sandiás pon en valor o seu patrimonio do Camiño

Paneis de lona de grandes dimensións instalados no albergue de peregrinos recrean o patrimonio viario do camiño

O albergue forma parte da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia, en concreto do camiño sudeste-Vía da Prata. O proxecto do Albergue naceu no ano 1998 e rematou a súa construcción no ano 2000. No contexto do Programa Cultural Xacobeo 2021, acometeuse un plan de melloras subvencionado pola Axencia Galega de Turismo licitadas en 48.392,03 Euros, nas que se incluíu a instalación de ditos paneis.

Posta en valor do patrimonio viario do camiño

foto2.Paneis patrimonio viario do camiñoCo paso do tempo producíronse unha serie de deficiencias que era preciso arranxar para que o edificio cumpra coas funcións para as que foi construído. Entre as varias reformas, foi preciso no interior substituír pequenas fotos colgadas nas paredes moi deterioradas. No seu lugar foron colocados paneis de lona de gran tamaño personalizados con imaxes que recrean varios elementos do patrimonio viario natural (lagoa de antela, areeiras de Sandiás) e histórico-cultural (cruceiro do santuario de San Benito de A Uceira, bóveda de crucería e igrexa de Santo Estevo, pontiña do río Piñeira no tramo do camiño, miliarios romanos do Campo da Lama en Vilariño das Poldras, igrexa de Santa María de Couso de Limia e a Torre do Castro. Algúns elementos deste patrimonio levan como fondo as areeiras de Sandiás ao poñerse o sol coa presenza dun niño de cegoña branca.

As grandes láminas de lona van acompañadas dun fondo lineal en branco e negro que reproduce o camiño, os peregrinos e a meta do camiño representada pola Catedral de Santiago de Compostela.

A actuación realizada no albergue de peregrinos de Sandiás permitirá dar acubillo e mellorar os servizos que se ofrecen aos peregrinos que percorren o camiño que transcorre ao carón do complexo húmido Limia-Antela, Areeiras de Sandiás e ao carón da Igrexa de Santo Estevo, a Vía Nova e a Torre Medieval de O Castro, un territorio singular que supón un exemplo sobranceiro da acción conxunta das persoas e a natureza, mestura de patrimonio natural e patrimonio histórico-cultural.