Sandiás presentou todas as actividades que levará a cabo no outono-inverno 2021

Actividades outono inverno en Sandiás
Sandiás presentou todas as actividades que levará a cabo no outono-inverno 2021
Felipe Traveso e o concelleiro de Cultura, Pepe Gándara,agardan, que o plan variado de actividades sexa do interese dos veciños e veciñas

O Concello organiza unhas vinte actividades de distinta natureza entre os meses de outubro, novembro, decembro, xaneiro e febreiro. Aplicarase estritamente o protocolo preventivo fronte a covid-19. No marco desta programación, terán lugar:

Actividades lúdico-deportivas, Actividades culturais, educativas e artísticas, Exposicións temporais etc.

249787602_1070316953741549_2927101061715145654_n

Todas estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de Cultura, Pepe Gándara, acompañados de outros membros da corporación. O alcalde, Felipe Traveso agarda que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños a participar e implicarse nos actos programados.

Para información e inscrición nas actividades convén estar atentos ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que se publicará ao longo dos próximos meses.

Para consultar o cartaz na páxina web, preme na seguinte ligazón:

https://www.sandias.es/.../o-concello-de-sandias.../