viernes. 03.02.2023
O pasado venres 25 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia, a Resolución do 9 de novembro de 2022 da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Nesta resolución resólvese a adxudicación para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, confinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco de programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Na provincia de Ourense, entre outros, resultou adxudicatario o Concello de Sandiás cun esparexedor de sal.