Sandiás remata as celebracións do 500 aniversario da súa igrexa este domingo

CARTAZ
Sandiás remata as celebracións do 500 aniversario da súa igrexa este domingo

500 ANOS DE HISTORIA, ARTE E FE PETRIFICADOS POLAS MANS DOS CANTEIROS NA PEDRA

Do mesmo xeito que comezaron os actos do V Centenario da construción da Iglexia de Santo Estevo, procederase á súa clausura con certo atraso debido á pandemia da covid-19 que impediu que a cerimonia tivese lugar no pasado ano 2020.

O acto de peche organízano en colaboración a Parroquia e o Concello o Domingo, 26 de Novembro ás 17.00 da tarde coa presenza do señor bispo da diócese de Ourense, Don Leonardo Lemos Montanet.

Consistirá nun primeiro acto dramatizado a modo de Oda dedicado á Porta de entrada de estilo manuelino inspirada nas filigranas, decoración vexetal e iconografía da porta de Sandiás e na oda as portas galegas de Felipe Senén. A continuación, unha celebración da eucaristía presidida polo bispo e con animación musical da Coral de Santa Mariña de Xinzo a que se lle fará entrega dun agasallo conmemorando o evento e, por último, a repartición dun folleto didáctica sobre a Porta de entrada de estilo manuelino onde se mostra a simbiose entre arte e fe ao longo dos séculos petrificadas polas mans dos canteiros na pedra.

Ao longo do ano do V Centenario tamén se levaron a cabo outros actos como vinte visitas guiadas por profesionais de Xeitura Patrimonio SCoopGal, charlas-conferencias como a do antropólogo e etnógrafo Manuel Mandianes sobre o significado antropolóxico do templo na vida das persoas, un renovado estudo sobre o retablo de Francisco de Moure, publicado no número 15 da Revista Lethes por a mestrado en patrimonio, Belén Gómez Manso, un folleto didáctico divulgativo sobre a Porta de entrada de estilo manuelino e a pronta instalación dun panel informativo e interpretativo na contorna do complexo da igrexa-rectoral para información de visitantes, peregrinos e turistas. Queda para outra pronta ocasión unha exposición sobre a historia da igrexa.