Sandiás reuniu a máis de 300 persoas no seu magosto

Felipe Traveso e os seus axudantes da queimada
Sandiás reuniu a máis de 300 persoas no seu magosto

Felipe e Salva foron os mestres de cerimonia

Como ven sendo xa tradición, nestas datas o concello de Sandiás chama aos veciños a celebración do magosto.

Churrasco, chourizos, castañas e bica con chocolate son os ingredientes da noite, sen esquecer o fin do magosto cunha queimada de máis de 10 Lt. de augardente.

OS FOGÓNS SON COUSA DE SALVA E A QUEIMADA DE FELIPE

3
Salva, sempre ao pe dos fogóns
12
Felipe pendente en todo momento de todos os participantes

Como soe ser habitual nos magostos multitudinarios da comarca as brasas están a cargo de Salva, canto máis estes que se celebran no seu concello. De todo o resto, ata de servir o chocolate e por suposto facer a queimada encargase Felipe Traveso. Nesta ocasión e como non podía faltar a música, esta foi posta pola Murga Achicoria.

13
O lume non se despreciaba chegada a noite

Tamén os máis pequenos tiveron inchables para pasar o rato antes e despois do chocolate.

9
Por fin a queimada comezaba a tirar
5
Parte dos comensais na carpa
6
Outra parte da carpa
Murga Achicoria
O chocolate acabouse todo
2
Degustando o chocolate varias veciñas e amigas