Sandiás será sede dos "Encontros sobre Patrimonio Inmaterial no Camiño de Santiago"

Sandiás será sede dos "Encontros sobre Patrimonio Inmaterial no Camiño de Santiago"
Sábado 1 de outubro ás 19:00 na Casa da Cultura

O Patrimonio Cultural Inmaterial maniféstase, entre outros ámbitos, en tradicións e expresións orais; artes do espectáculo; usos sociais e actos festivos; técnicas artesanais tradicionais, etc. Dende a Agrupación Folclórica "Queixumes dos Pinos" presentamos os "Encontros sobre Patrimonio Inmaterial no Camiño de Santiago", xornadas adicadas a música, baile, vestimenta galega, etnografía contos, lendas e tradicións, que terán lugar en diferentes puntos do Camiño de Santiago, neste caso o sábado 1 de Outubro no Concello de Sandiás ás 19.00 h na Casa de Cultura.

foto 2
Cartel do encontro

O programa desenvolverase cunha benvida ao acto e unha entrevista a Antero Rodríguez Ordoñez, artesán e xastre de vestimenta tradicional que expoñerá as técnicas de confección dos traxes tradicionais de Galicia. Continuará cun desfile de traxes tradicionais e roupa de diferentes puntos da comunidade galega acompañado das explicacións por parte do artesán.

Seguirá unha actuación de pandereteiras “Sons do Miño”-José Antonio Viñas, unha actuación musical con elementos e escenografía baseada na etnografía de Galicia. Finalmente, unha despedida do acto.