Sandiás, xa pode presumir de fibra óptica a gran velocidade

concello sandias 2psd
Sandiás, xa pode presumir de fibra óptica a gran velocidade

Máis da metade dos pobos xa están conectados a alta velocidade en internet

O Concello de Sandiás segue a traballar, en colaboración co Goberno Autonómico e Central, para que a fibra óptica sexa unha realidade no Concello. O alcalde, Felipe Traveso, mantivo novas conversas cunha representante de Movistar que o informou dos avances da implantación da fibra óptica no Concello.

O rexidor informa de que xa existe fibra óptica en servizo nas aldeas de A Fontela, Arcos, Piñeira de Arcos, Sandiás, Coalloso, Couso de Limia, Vilariño das Poldras, Santa Ana e A Ladeira. Nestas aldeas xa se pode instalar fibra óptica con calquera operador de internet.

foto 1. fibra ópticaPor outra banda, están en proceso de instalación de fibra óptica en A Chousela, A Corga e A Lavandeira. Según informa o alcalde, nestas aldeas a fibra óptica poderá instalarse nos domicilios antes de que finalice o mes de Febreiro de 2021, debido a incidencias que imposibilitan a conexión da rede en dita zona.
Ademáis, está pendente o informe de enxeñaría na aldea de Cerredelo é en canto o teñan tamén se poderá instalar a fibra. Está pendente de adxudicación nas aldeas de Cardeita e As Pegas.
Por último, quedan as aldeas de O Castro, Zadagós e Novaíño, que aínda non saíron a concurso e, polo tanto ,non hai adxudicación do servizo, pero agardase máis pronto que tarde poder levar a fibra óptica a ditas aldeas.

Segundo informa o alcalde, o máis custoso é estender as redes de alimentación e transporte. Unha vez instaladas, as redes de distribución que dan servizo aos domicilios particulares son máis rápidas e económicas.

É unha gran noticia que en breve xa podamos dispoñer deste servizo imprescindible tanto para o lecer como para romper as barreiras que limitan laboral e tecnolóxicamente ao mundo rural. Ante calquera novidade seguiremos informando.