Seguen abertas as inscricións para o V Trail&Andaina Montes de Sandiás

Seguen abertas as inscricións para o V Trail&Andaina Montes de Sandiás

O último día de inscrición é o xoves 30 de xuño ás 23:59 horas.

Esta actividade organizada polo Concello de Sandiás, terá lugar o día 2 de xullo. Consistirá nunha tarde con diferentes modalidades, en primeiro lugar, unha andaina duns 14km (que ten a posibilidade de facerse máis curta), un trail de 17km e, por último, unha carreira de nenos. Estas distancias, poden sufrir variacións. O Trail será puntuable para o Ourentrail.

INSCRICIÓNS.

O prazo de inscricións rematará o 30 de xuño e poderán facerse pola páxina web galitiming.com ou presencialmente no Concello. Para poder correr aquelas persoas con menos de 16 anos, deberán entregar unha autorización dos seus titores.

Tal e como se indica no cartel, os prezos son: para o trail: 10 €; a andaina: 6 €; e os nenos: gratis. Ademais, as persoas empadroadas no Concello de Sandiás non terán que pagar tampouco a inscrición.

HORARIOS.

Esta xornada do 2 de xullo pretende organizarse da seguinte maneira: a partir das 15:30h farase a entrega de dorsais (na pista de deportes do pavillón), posteriormente, ás 17:00h será a hora de saída da andaina. Unha hora máis tarde (18:00h) terá lugar a saída de trail, e por último, ás 21:00h comezará a carreira de nenos. Ademais, arredor das 21:15h prevése que se faga entrega dos trofeos.