"SER IGUAL SEN SER IDÉNTICO"

cats
"SER IGUAL SEN SER IDÉNTICO"
SANDIÁS, POLO CAMIÑO DA IGUALDADE

Xa está concluída unha das primeiras actividades do programa "Verán-Outono Cultural Sandiás, 2021”. Ainda están moi presentes os roles que a sociedade asina tradicionalmente á muller e ao home. Esta desigualdade, case sempre se compón de estereotipos e roles. O tempo pasa e a distancia entre a “igualdade formal” e a “igualdade real segue sen alcanzarse.

O mural quere expresar esta conquista maís aló dunha loita entre o home e a muller. Quere exprésalo coa metáfora da “enarmonía”: ser igual sen ser idéntico. Igualar sen identificar. Liberar sen descriminar. Nel móstranse unha figura humana feminina e masculina, milagre da vida, relaxadas, sen tensión, transmitindo paz nos trazados ondulados das súas siluetas e envoltas polas palabras “compañeiro” e “compañeira”, por pequenas e grandes estrelas, planetas e plantas que conforman un fondo de paisaxe que evoca o paraíso primixenio e a contemplación da grandiosidade do universo do que forman parte.