"La casa sin papel" unha noite de humor sobre a pandemia en Sandiás

"La casa sin papel" unha noite de humor sobre a pandemia en Sandiás
Miki Dkai chega a Sandiás para encher de humor a Casa da Cultura

Mañá, 20 de agosto, terá lugar un evento cheo de humor da man de Miki Dkai no que a protagonista será a pandemia.

O Concello de Sandiás organiza este evento no marco do Verán en Sandiás 2022. "La casa sin papel" de Miki Dkai chegará á Casa de Cultura para relatar sucesos durante a pandemia que quedarán no recordo de moitos con tintes de humor. Comezará as 21:00 horas e o público ao que vai dirixido é para adultos.