Terceira xornada de carreiras de cabalos do Hipódromo de Antela

Terceira xornada de carreiras de cabalos do Hipódromo de Antela
O 24 de xullo terá lugar unha xornada de transición no Hipódromo de Antela adicada ao "Círculo Artúrico"

O 24 de xullo terá lugar unha xornada de transición no Hipódromo de Antela adicada ao "Círculo Artúrico" que garda os seus Cabaleiros na Lagoa de Antela, transformados en mosquitos e agora revividos, dando nome ás nosas razas.

Programación da xornada

A partir das 10:20h comezan as carreiras de Trote Enganchado. Serán catro as que se disputarán comezando polo “Premio CirculoArturico” sobre unha distancia de 1700 mm. Cada 40 minutos teremos unha nova carreira.

O seguinte en disputarse será o "Premio Tres Voos sen Compromiso" cunha distancia de 2100 m. A terceira carreira será “Premio Raiña Nova” sobre unha distancia de 1700 m. O cuarto trote comezará ás 12:20 horas co premio mellor dotado da xornada “Premio Arturo”.

As carreiras de Galope comezan ás 13:00 horas co “Premio Lancelot” de máis de 1600 m reservado para cabalos de pura sangre inglesa. Ás 13:40 horas comezará a última carreira da Xornada reservada a cabalos árabes coa disputa do “Premio Perfisal” sobre 1600 m.