Os veciños de Sandiás cumpriron

Parte do material almacenado e preparado
Os veciños de Sandiás cumpriron

GRAZAS SANDIÁS. O ÉXITO DUNHA SOLIDARIEDADE COMPARTIDA!!

O Concello de Sandiás en nome de toda a súa corporación quere agradecer a toda a veciñanza a súa gran solidaridade na campaña de recollida de materiais por Ucraína.

Enviamos 37 caixas de alimentos, 27 caixas de produtos de hixiene e 55 caixas de roupa.

En total 120 caixas de materiais (roupa, alimentos, material hixiénico e sanitario).

O destino do material foi o centro loxístico creado pola Deputación de Ourense situado no parque de maquinaria do Polígono de San Cibrao das Viñas e no cal se centralizan todos os envíos. Dito centro esta xestionado por un equipo técnico que recopila toda a información sobre as iniciativas que se xeneran na provincia e procura crear sinerxias e optimizar recursos.

Foto 17. entrada
Saída de parte do material para o centro de distribución de Ourense

Grazas a todas as persoas que colaboraron (clasificando e facendo as caixas e trasladando o material a Ourense), todas as que mostraron a súa dispoñibilidade para axudar e as que prestaron o seu tempo nos diferentes puntos de recollida nas parroquias (casa concello, tendas, supermercado...).

Grazas de maneira especial a Farmacia de Sandiás polo volumen de material doado.

Este é o éxito dunha solidariedade compartida.