Os veciños de Sandiás sairon ao monte a coñecer e recoller setas

Veciños de Sandiás nas xornadas micolóxicas
Os veciños de Sandiás sairon ao monte a coñecer e recoller setas

Nas III Xornadas Micolóxicas.

Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. ¿Sodes quen de atopalos e identificalos?. Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos?.

Así desafiaba o concello de Sandiás a súa veciñanza para invitalos as III Xornadas Micolóxicas do 13 de Novembro, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos (Ourense).

Os destinatarios foron os veci@ños que estiveron convocados ao carón da Casa do Concello ás 9.00 horas do Sábado 13 de Novembro. Grazas os 20 veciñ@s que acudiron a cita pertrechados de roupa e calzado impermeable, navalla, cesto e aperitivo. Houbo un pouco de todo: boa compaña, caídas, combatir a néboa, fatigas, desconcerto e alegría por cada encontro das preciadas setas, que nesta temporada, foron escasas.

O encontro desenvolveuse ao longo de todo o día. Pola mañá saímos ao monte a recollida e tamén aproveitamos para recoxer o lixo tirado no monte. A continuación seguiu a limpeza e preparación e cociñado dos cogomelos. Por último, coa expléndida e experimentada asesoría didáctica de Xosé Luis, da Asociación “Os Cogordos” tivemos un expontáneo faladoiro de cáseque unha hora sobre a identificación dos cógemelos e as súas características.