Os veciños de Vilariño, un mes despois de que o Concello promulgara un bando no que avisaba de que a auga da traída non era apta para o consumo nin para a cociña, seguen no mesmo.
Outra vez se lles avisa que os parámetros son superiores ao admitido
QUEREN SABER QUE PARÁMETROS SON OS QUE ESTÁN SUPERADOS
As mesmas fontes dos veciños indican que xa se puxeron en contacto co Concello, pero que non obtiveron respostas. Queremos saber cales son eses parámetros que dan unhas medidas superiores as admitidas.
Os mesmos veciños denuncian que polo menos o Concello debería achegar auga para que os veciños poidan cociñar e beber. Ata agora ou vamos a fonte de S.Benito ou vamos por ela ao super. Isto non é normal.