Vilariño das Poldras está a piques de rematar as obras da rúa Sopenedo

foto 4..
Vilariño das Poldras está a piques de rematar as obras da rúa Sopenedo
Comezou o seu arranxo na primeira fase en agosto

No mes de Agosto de 2021 deu comezo a primeira fase das obras de humanización da rúa Sopenedo na aldea de Vilariño das Poldras, no Concello de Sandiás e no mes de Xaneiro de 2022 comeza a segunda fase das financiadas con cargo aos Plans Provinciais para os Concellos 2021 da Deputación de Ourense.

foto 1. entrada
Entrada

Por último, no mes de Xaneiro de 2023 comezou a terceira e última fase da obra. Está financiado con cargos aos Plans Provinciais para os Concellos 2022 da Deputación de Ourense. Dita obra foi licitada e adxudicada a empresa EXPLOTACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS, S.L.

O obxectivo desta actuación foi principalmente mellorar o pavimento e a renovación das tubaxes de rede de sumidoiros e auga potable para lograr unha mellor calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. Culminarase, como consecuencia das obras, co alfaltado da estrada que percorre a parte do pobo correspondente.