sábado. 03.06.2023

Visita as areeiras da Sandiás e ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

17 veciños de Pontevedra, Ponferrada e Ourense visitaron o Centro de Interpretación da  Lagoa de Antela e  as  Areeiras de Sandiás o pasado sábado 1 de Abril

A actividade estivo organizada polo colectivo #AmigasdasCegoñas (asociación de voluntariado e ciencia cidadá) e colaboraron #EcoloxistasenacciónGaliza. Tamen houbo representantes de “Sustinea” (asociación non lucrativa que fixa o desenvolvemento sostible como alternativa á degradación do entorno natural ).

A visita guiada na Casa da Lagoa foi intensa e tivo unha duración de preto de dúas horas. A primeira parte levada acabo polo concelleiro de cultura Pepe Gándara tivo relación  coa exposición permanente. Introducíronse  na  Lagoa de Antela por medio de  reproduccións de cartografía e  imaxes históricas e  informáronse dos  proxectos de  desaugamento da  Lagoa.  Visionaros tres  proxeccións sobre a  xeografía dos palafitos  pobos dos  Límicos e o valor  ecolóxico da  Lagoa de Antela.  Pasáronlle revista a diversas  lendas sobre a  Lagoa  asolagada e elementos etnográficos varios.  Tamén  puideron analizar  as economías perdidas da  Lagoa (recolección de  ovos, caza de aves, comercio de rás e explotación de  samesugas con  fins médicos). Por último  visionaron paneis expositivos sobre  as aves e a fauna da  primixenia  Lagoa de forma libre.

foto 1. portada
Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa

 

A introdución  ás  areeiras de Sandiás,  intentou por en valor  as  areeiras como patrimonio  xeolóxico-mineiro como patrimonio natural e como patrimonio etnográfico.  En relación co  primeiro  falouse da  xeomorfoloxía das  areeiras, dos períodos de explotación e dos sistemas de explotación industrial. En relación  co patrimonio natural  destacouse de modo sintético  a  biodiversidade das charcas  e por último tratouse o patrimonio etnográfico, profundizando nas características dos palafitos do ambiente lacustre e das arquitecturas en terra, especialmente visibilizadas nas palleiras de terróns.

339428504_580205904059264_7107948656421302630_n
Visitantes a saída do centro de interpretación

 

A segunda parte da visita guiada  baixo a animación e excelente dominio da zona por parte de #NancyBlanco, coordinadora de Amigas das Cegoñas,  tivo un enfoque  máis práctico  xa que visitaron “in situ”  as  Areeiras no territorio que corresponde  ao  Concello de Sandiás. A  andaina por esta  paraxe  é  unha auténtica gozada para o disfrute dos sentidos. Concretamente  visitouse o Observatorio de aves 1 (reproducción dun Palafito lacustre) e o Observatorio de aves 2 (Casa dos  Terróns,  exemplo de  arquitectura tradicional  sustentabel en terra). Ademáis fixeron prácticas varias de observacións de aves coa utilización de  guias, prismáticos e láminas didácticas para identificar as distintas aves e valorar a biodiversidade existente.

Cecais  nun futuro próximo estas  pezas dispersas  ou como  alguén  lle  chamou “o minifundismo da  auga”,  poidan volver configurar un  novo  humidal artificial  herdeiro  do  xa mítico sistema lagunar natural denominado lago  Beón.

Faltou tempo para expoñer algúns  proxectos de intervención e  mellora na zona, entre  outros: o roteiro de  avistamento de aves realizado polo  Concello de Sandiás, o  proxecto da “Poza dos  Arieiros” e “Poza das Conícoras”  pola  SGHN ( Sociedade  Galega de Historia Natural), o  proxecto de recuperación de  dúas  areeiras polo  Proxecto  Life  Rexenera Limia e as intervencións más antigas levadas a cabo pola Dirección de Patrimonio da Xunta de Galicia.