sábado. 30.09.2023

A actuación que se  levou a cabo   implicou a colocación  dun panel interpretativo para visibilizar e  poñer en valor o patrimonio cultural e inmaterial asociado a  igrexa  e a súa  contorna. O panel rectangular  cun marco tipo  Dibond  instalouse sobre  unha estrutura metálica con  ancoraxes  voantes de  cor gris.  Dita estrutura metálica  situouse sobre o muro de perpiaño que da acceso  ao atrio da  igrexa  facendo coincidir  as  perforacións  coas  xuntas da  pedra. Os  traballos  tiveron lugar sobre a  Igrexa de Santo Estevo  cun grao de protección integral e dentro dos contornos próximos de protección  de varios  bens arquitectónicos: Cruceiro, Casa  Reitoral e  Forno e  dun  ben arquitectónico romano, A Ara de Sandiás, todos  eles  recollidos dentro  do Catálogo  do Plan  Xeral de Ordenación Municipal. Desde este momento, a Igrexa de Santo Estevo terá de forma permanente as súas portas dixitais abertas aos  veciños, peregrinos e turistas que pasen a visitala a calquera hora.

Os  traballos  leváronse a cabo a partir da aprobación  contida  na resolución da dirección  xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia  que segue  as indicacións  do Manual de  Sinalización  Turistica. A demanda de instalación  do panel  foi realizada polo  Concello de Sandiás a  Axencia  Galega de Turismo no contexto da celebración  do V Aniversario da  Igrexa de Santo Estevo  na Parroquia de Vilar de Sandiás.

Retablo S.Estevo de Sandiás
 S.Estevo de Sandiás-Foto dendealimia

O texto  do panel foi documentado e redactado por  unha historiadora  do Arte.  Trátase  dun panel interpretativo escrito en tres idiomas onde se reforza, de maneira especial, o comentario do singular retablo e hornacinas do escultor Francisco de Moure. Tamén contén un código  QR que enlaza coa páxina web turismo. sandias.es  onde se poderá  ampliar información con moito máis detalle sobre todos os elementos importantes da igrexa.

Estamos ante  unha auténtica  xoia artística. Ten elementos que os  estudosos  encadran entre o estilo renacentista e tardo-gótico. O templo conserva no  seu interior o retablo renacentista de Francisco de Moure,  unha  fermosa bóveda de cruzaría renacentista e  as singulares portas de estilo  manuelino da fachada principal (Oeste) e lateral (norte).

O  Concello de Sandiás presenta  outra iniciativa  máis de  sinalización de recursos turísticos, de patrimonio  relixioso e de roteiros  naturais como  a Ruta de Avistamento de Aves nas  Areeiras de Sandiás. A Concellería de Cultura e Patrimonio de Sandiás  quere por en valor o patrimonio para conseguir que a  veciñanza e a  xente que nos visite  coñeza  e o valore e así  tamén poder conservar e  protexer estes recursos, porque o que non se  coñece  non se valora  nin se  coida.

Ao  longo  do ano  do V Centenario da  Igrexa  tamén se  levaron a cabo  outros actos como  vinte visitas guiadas por  profesionais de  Xeitura Patrimonio  SCoopGal, charlas-conferencias como a  do antropólogo e etnógrafo Manuel  Mandianes sobre o significado  antropolóxico  do templo  na vida das  persoas, un renovado  estudo sobre o retablo de Francisco de Moure, publicado non número 15 da Revista  Lethes pola  mestrado en patrimonio, Belén Gómez Manso e un folleto didáctico divulgativo sobre a Porta da fachada de entrada a igrexa  de estilo  manuelino.