A Xunta e o Concello de Sandiás avanzan na mellora das infraestruturas rurais do municipio

200122_Alcalde_Sandiás_01
A Xunta e o Concello de Sandiás avanzan na mellora das infraestruturas rurais do municipio

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, para tratar as necesidades deste concello da Limia e analizar os pormenores da futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia.

Na xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, falouse da mellora dos servizos e infraestruturas do agro para mellorar a mobilidade dos veciños, así como do tratamento dos xurros no marco da norma que está a preparar a Xunta para regular as dexeccións gandeiras. Tamén se avaliaron as distintas posibilidades que ofrecerá a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria para a mellora da xestión do medio rural.