O comedor social do CDR O Viso recibíu a visita da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García

image_gallery-3
O comedor social do CDR O Viso recibíu a visita da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García
A conselleira recordou que o Goberno galego aprobará unha nova orde de axudas por valor de 7,2 millóns de euros, dos que o CDR O Viso recibe 600.000

O comedor social xestionado polo Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso, en Sarreaus, recibíu a visita da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.

Nesta visita, a conselleira recordou que o Goberno galego aprobará unha nova orde de axudas a entidades por valor de 7,2 millóns de euros. Nesta orde, incorpórase un incremento das contías destinadas a comedores sociais, albergues e centros de acollida.

O obxectivo impulsar o apoio ás entidades que se encargan de cubrir as necesidades básicas dos colectivos máis vulnerables.

Así, o CDR O Viso conta con 600.000 euros para o mantemento e funcionamento diario do seu comedor social e das aulas de formación e inserción ao emprego. Tamén reciben axuda para financiar a casa niño e a súa vivenda comunitaria.

Fabiola García afirmou que o Goberno galego procura estar á altura da solidariedade que caracteriza ao pobo galego ofrecendo axudas e iniciativas que atendan ás dificultades puntuais e fixo fincapé na necesidade de que todas estas axudas estean ligadas a unha reinserción que favoreza o seu acceso ao emprego. Ademais, destacou o importante papel que desempeñan nesta labor as entidades sociais de Galicia.