O campamento do CDR O Viso xuntou a cativada de toda Galicia en Lodoselo

viso
O campamento do CDR O Viso xuntou a cativada de toda Galicia en Lodoselo

As actividades amplíanse en agosto co pobo escola

O CDR O Viso ven de despedir unha nova edición do seu campamento de verán. Desta volta participaron 29 nenos e nenas de 5 a 12 anos. A actividade que se levou a cabo do 4 ó 10 de xullo conseguiu convocar a cativos e cativas da comarca da Limia, Ourense , Vigo e mesmo Santiago.

Durante sete días os participantes gozaron de actividades desenvoltas no entorno natural e humano, coñecendo tamén os modos de vida do rural. Trataron aspectos como o coidado dos animais, limpeza do antigo lavadoiro de roupa, acampada, xogos e mesmo fixeron o seu propio pan no forno comunal.

A misión que persegue este campamento é que os máis pequenos se acheguen ós valores e á realidade do rural. Outros dos seus obxectivos é apoiar a conciliación familiar.

O campamento rematou e agora en agosot teñen programada outra actividade denominada pobo escola que se levará a cabo os días 3, 10 e 24 de agosto de 10.30 a 17.30h. Os nenos e nenas poderán participar dende un día ata todos os que desexen. Para anotarse ou ter máis información poden chamar ó 988461571.