18 de agosto de 2022, 11:47
Unha nova campaña do CDR O Viso busca loitar contra o despoboamento mediante a posta en alquiler de casas e atraer así á xente a instalarse no rural. Estas casas teñen que estar para entrar a vivir, da igual o seu tamaño e o CDR acompañará todo o proceso sen custos.
O Centro de Desenvolvemento Rural, explica que no mes de xullo se retomara este traballo e que xa se sumaron unha ducia de recursos ó banco de oportunidades de vivendas e negocios. Destaca tamén que medio cento de familias o contactaron "para explorar opcións de construír o seu proxecto vital na Limia" a onde xa chegaron seis familias novas.