Cos obradoiros de activación sociolaboral nos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, o CDR O Viso pon fin esta semana ao Proxecto "Constrúe o teu futuro" a través do cal quixeron fomentar a activación da xuventude limiá.
Este proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social.
Este proxecto está subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social –Xefatura Territorial do Servizo de Xuventude e Voluntariado–.
As actividades consistiron nunha atención individualizada e personalizada onde se lles orientou cara a formación e a busca de emprego dende o Centro de Información Xuvenil de Xinzo de Limia, e tamén desenvolveron actividades grupais de orientación laboral ao longo do ano tanto nas instalacións do CDR en Lodoselo como nalgúns espazos públicos de Xinzo de Limia.
Aínda que remataron as actividades grupais, este é un proxecto de continuidade e no Centro de Información Xuvenil seguirán asesorando tanto á mocidade como á poboación xeral sobre cuestións de formación e emprego.