O Encontro de Educación Infantil familiar na Limia reúne a máis de 100 persoas en Lodoselo

nenos 1
O Encontro de Educación Infantil familiar na Limia reúne a máis de 100 persoas en Lodoselo

O CDR O Viso celebrou esta xuntanza con diversos obradoiros para a familia

Lodoselo foi o punto de encontro de máis de 100 persoas que participaron en diversas actividades organizadas polo CDR O Viso e dirixidas á familia.

Pais, nais, avós e cativos gozaron de obradoiros como amasar pan, plantar carballos, unha visita ós animais e un paseo no burro Fariñeiro.

Tamén se reservou un tempo para xogos de auga, pintura e mesmo unha carreira de orientación na que colaborou a asociación deportiva Limiactiva.

lodoselo 4

O Encontro de Educación Infantil familiar na Limia tivo lugar o pasado xoves 23 de xuño no que colaboraron 20 persoas entre educadores e voluntarios.

A xornada rematou cunha merenda acompañada de cantigas populares e moito baile.

Dende a organización destacan que o vindeiro curso tratarán de ampliar o número de grupos para garantir que os nenos e nenas da Limia poidan acceder a un servizo educativo. Do mesmo xeito seguirán traballando cos pais e nais para que compartan un espazo no que se abordan temas relacionados coa crianza e educación dos seus fillos.