miércoles. 06.07.2022

Encontro de familias en Lodoselo

Participaron máis de 150 persoas, entre elas familias dos grupos de EIF que se fixeron en Sandiás, Baltar, Vilar de Santos, Cualedro e Xinzo de Limia

O CDR O Viso organizou o pasado venres 17, unha tarde de actividades e xogos, rodeados de natureza, coas familias que participaron ó longo do curso no Programa de Educación Infantil Familiar na Limia. 

Participaron máis de 150 persoas, entre elas familias dos grupos de EIF que se fixeron en Sandiás, Baltar, Vilar de Santos, Cualedro e Xinzo de Limia. Tamén participaron os da Casa niño Lodoselo, do P.A.I de Sandiás e da Galiña azul de Xinzo.

Sin título

O Progama de Educación Infantil Familiar encóntrase dentro do proxecto do CDR O Viso de desenvolvemento integral na Limia. Este proxecto consiste nun servizo socioeducativo de apoio ás familias coa organización de espazos de encontro educativos.

Os obxectivos do programa son, entre outros, concienciar da importancia da familia no crecemento e desenvolvemento do neno/a, e tamén contribuír ao desenvolvemento da cultura e lingua galega.