Un grupo de mozos de Barbadás participa no campamento do CDR O Viso en Lodoselo

viso
Un grupo de mozos de Barbadás participa no campamento do CDR O Viso en Lodoselo

O remate do verán está cerca e para pechar a oferta estival do CDR O Viso para o tempo libre dos máis pequenos, poñen en marcha un campamento no que van participar rapaces de Barbadás.

Ata as instalacións de Lodoselo vanse achegar 23 mozos e mozas de 8 a 14 anos que proveñen de dito concello ourensán. Durante 5 días pasarán tempo en plena natureza en contacto cos animais e coa vida da aldea. Así mesmo participarán en numerosas actividades como xogos de orientación, de pistas e outros máis tradicionais. Tamén aprenderán oficios varios nos diferentes obradoiros de facer pan, fiado, barro ou reciclaxe.

Todas as propostas organizadas para este campamento teñen como fin por en valor o coidado dos animais e do medioambiente.

Os rapaces permanecerán en Lodoselo dende o 27 ata o 31 de agosto. A iniciativa ponse en marcha coa colaboración do Concello de Barbadás e a organización do CDR O Viso.