Un home recupérase dunha caída de tres metros á estrada en Nocelo da Pena

nocelo
Un home recupérase dunha caída de tres metros á estrada en Nocelo da Pena

Os feitos aconteceron na tarde do martes cando un home estaba facendo uns traballos de mellora nunha vivenda en Nocelo da Pena. Por causas que se descoñecen caeu á estrada dende unha altura de tres metros.

Un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense trasladouse ata o lugar do suceso para atender ó ferido. Foi precisa a colaboración dos membros de Protección Civil para axudar na aterraxe da aeronave.

O home sufriu un golpe forte no corpo e tivo que ser operado de urxencia.