A moza desaparecida de Sarreaus marchara por vontade propia

Cartaz pendurado trala desaparición.
A moza desaparecida de Sarreaus marchara por vontade propia

A rapaza comezou unha nova vida en Castela e León e non quere ter ningún contacto coa súa familia limiá.

Segundo conta o diario La Región, a moza que estaba desaparecida desde o pasado día 6 de abril, Catalina Neto García, de 18 anos, atópase en bo estado de saúde, tras abandonar Ourense por vontade propia para emprender unha nova vida lonxe dos seus familiares.

A rapaza, nada máis ter coñecemento de que estaba a ser buscada polas forzas de seguridade, acudiu na noite de onte a unha comisaría na comunidade autonómica de Castela e León e asegurou aos axentes que non entendía porque a estaban buscando ao ser xa unha persoa adulta. Iso si, deixou claro aos axentes que acudiu por vontade propia á sede policial, pero coa condición de que non desen a coñecer a ninguén da súa familia, coñecidos ou veciños o lugar en que se atopaba, o seu novo domicilio e ningún detalle da súa vida.

A desaparición foi denunciada pola súa avoa, Saladina Rodríguez, de 62 anos e veciña de Freande (Sarreaus), o pasado día 10 ao non ter noticias do seu paradoiro.

A moza estudaba durante a semana na cidade e os fins de semana desprázase á dúa aldea de Sarreaus, na comarca da Limia. A veciñanza antelá respira con máis tranquilidade tralo coñecemento de que a moza se atopa en perfecto estado de saúde e que a súa marcha fora voluntaria.