Noa Presas "o CDR O Viso é un exemplo de recuperación da vida do rural"

noa
Noa Presas "o CDR O Viso é un exemplo de recuperación da vida do rural"

A candidata do BNG ó Parlamento de Galicia visitou as instalacións do CDR O Viso en Lodoselo. Noa Presas acudiu acompañada de Maribel Poysa, candidata número 3 e concelleira de Allariz, Marcos Fernández número 13, o alcalde de Allariz, Paco García, e o deputado provincial polo BNG, Ramiro Rodríguez.

Noa Presas destacou que " a eliminación das escolas é a primeira patada cara a emigración", e engadiu que \“no rural de Ourense estase expulsando á poboación pola falta de servizos coa política aplicada por parte do PP.\”

O motivo da visita foi coñecer de preto os servizos que dende o CDR O Viso levan dando ó rural do concello de Sarreaus. Presas calificouno como "un proxecto comunitario que fixo que a unión e forza da veciñanza chegase a condicionar as políticas sociais dos concellos da contorna demostrando que a xestión comunal é socialmente máis rendíbel.\”

Maribel Poysa pola súa banda destacou que \“temos os recursos materiais e humanos para garantir o benestar de todos e todas, quen o impide é a política privatizadora do PP; Lodoselo ademais é un exemplo de creación de emprego no rural\”.

Presas insistiu en que "o BNG aposta por considerar o medio rural un sector estratéxico na recuperación económica, dimensionándoo baixo criterios de eficiencia e sustentabilidade e partindo das experiencias xa en práctica\”.