Nova edición do curso de monitor de ocio e tempo libre en Lodoselo

Curso de monitorxs de tempo libre 2017
Nova edición do curso de monitor de ocio e tempo libre en Lodoselo

Máis información e inscricións no correo electrónico cixdalimia@cdroviso.org e no teléfono 988461571.

O CDR "O Viso" organiza unha nova edición do seu "Curso intensivo de Monitores/as de actividades de tempo libre" a través da súa Escola de Tempo Libre LIMICORUM.

O curso ten carácter oficial e organizarase entre o 21 de agosto e o 9 de setembro deste ano nas instalacións que o Centro de Desenvolvemento Rural dispón en na localidade de Lodoselo –Sarreaus–. O horario das actividades formativas será entre as 9:00 e as 14:00 horas, así como entre as 16:00 e as 21:00 horas –mañás e tardes–.

Os interesados en obter o título oficial de Monitor de Ocio e Tempo Libre con este curso teñen posibilidade de aloxamento nas instalacións de Lodoselo.

Máis información e inscricións no correo electrónico: cixdalimia@cdroviso.org e no teléfono 988461571.