Un pendello dun veciño de Sarreaus convértese nun plató de televisión por un día

pendello
Un pendello dun veciño de Sarreaus convértese nun plató de televisión por un día

Gravouse un novo programa para a Televisión de Galicia

O pendello de Lola e Pepe Lamas nunca antes estivera tan ateigado de xente. Veciños e veciñas de Sarreaus e dos arredores achegáronse a súa casa para asistir á gravación dun novo programa para a Televisión de Galicia. Os humoristas Xosé Antonio Touriñan e Marcos Pereiro foron os encargados de por en marcha este proxecto

O novo formato comezará a emitirse a partir de xaneiro. O fío condutor é que os dous humoristas pasean por distintos pobos de Galicia coñecendo a súa xente, o seu día a día e compartindo con eles un día de gravación. pendello 2

Así foi como fixeron en Sarreaus onde se achegaron no mes de outubro. Pasaron o día no pobo e ca súa xente. Descubriron que teñen no concello a primeira Asociación de Homes Rurais e moitas cousas máis que se poderán ver cando comece o programa da TVG.

Onte fixeron a presentación do material que gravaron no mes de outubro en exclusiva para tódolos asistentes. O escenario non puido ser mellor, un pendello dos veciños Lola e Pepe Lamas, adornado con dous tractores con pala e mesmo unhas colmeas. As cámaras de gravación mesturábanse coas rachas de leña. As risas e os aplausos indundaban o ambiente que tiña moito agroglamour.pendello 3

Teremos que agardar ata o ano que ven para ver na gran pantalla a xente de Sarreaus protagonizando un espazo televisivo.