Patricia F.S
29 de julio de 2016, 19:38
O CDR O Viso continúa coa súa programación de verán con actividades pensadas nos máis pequenos e tamén en apoio á conciliación laboral e familiar.
Así no mes de agosto comeza Pobo Escola, un espazo pensado para os nenos e nenas de 5 a 12 anos. Unha chea de propostas para levar a cabo nos días 3, 10 e 24, entre elas xogos en plena natureza que terán lugar nas instalacións de Lodoselo.
O horario é de 10.30h a 17.30h e inclúe xantar, merenda e a posibilidade de transporte. Para anotarse ou ter máis información poden chamar ó 988461571. Os prezos son de 20 euros un día, 30 euros dous días e 50 por tres días.