Sarreaus protagoniza un programa da Televisión de Galicia

sarr
Sarreaus protagoniza un programa da Televisión de Galicia

"Buscando Ardebullo" fará unha parada na zona a partir das 22.30h desta noite

O pendello de Lola e Pepe Lamas é o escenario do programa deste martes de "Buscando Ardebullo". O espazo presentado por Xosé Antonio Touriñán e Marcos pereiro, fará un percorrido por Sarreaus coñecendo o concello e á súa xente.

O equipo de gravación estivo na zona no mes de outubro para facer as reportaxes e as entrevistas que poderán ver esta noite.

Pasaron un día no pobo e ca súa xente. Descubriron que teñen no concello a primeira Asociación de Homes Rurais de Galicia e moitas cousas máis que sairán no programa que se emite esta noite a partir das 22.30h e no que seguro, se verán moitas caras coñecidas.