Sarreaus, xa pode visualizar a exposición ”Mulleres do rural”

Público asistente a inauguración da exposición en Sarreaus
Sarreaus, xa pode visualizar a exposición ”Mulleres do rural”

Presidiu o acto o Delegado da Xunta en Ourense e o alcalde do municipio.

Lola Rico, como é costume no percorrido que está levando pola Limia a exposición fixo unha breve reseña da traxectoria da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, que foi a que puxo a “primeira pedra” desta exposición que pouco a pouco vai percorrendo os distintos concellos da Limia.

Como xa todos saben a exposición componse de un cartel anunciador da muller que forma parte da exposición, ademais de obxectos persoais, da vida ou do seu traballo. Forman parte deste “elenco” de mulleres do rural mulleres que ao longo da súa vida decidiron ou tiveron un papel importante na sociedade do momento. Todo parte dunha longa entrevista feita po Rosa Trujillo, Psicóloga da asociación e cuxas entrevistas se publican periodicamente no noso xornal dendealimia.com. A última incorporación foi a da medalista Aihnoa García.

Lola Rico; Sindo (Alacalde); Gabriel (Delegado Xunta); Pablo García e Rosa Trujillo

Coidadoras do patrimonio cultural de Sarreaus

En cada concello que se despraza a exposición contan cunha asociación local de mulleres que axudan en todo o que se necesita para que a mesma sexa o máis espectacular posible. Neste caso a colaboración foi por parte das “Mulleres coidadoras do Patrimonio de Sarreaus”. Esta asociación, na cal non solo está formada por mulleres, encárgase de que o Patrimonio, no sentido mais amplo da palabra, non desapareza. Así encárganse do coidado do patrimonio arquitectónico coa limpeza das igrexas, do cultural, formando unha banda de gaitas e de outro patrimonio, que onte descubriron, que pensaban que non existía cal é o patrimonio “nutricional”.

Deste patrimonio falou outro dos poñentes Pablo García, colaborador asiduo da asociación nos temas de Nutrición. Pablo falou da lonxevidade das persoas que viven no rural, e adiantou que seguramente nun par de anos algún concello da Limia estará entre as zonas de máis lonxevidade do planeta, no que xa hai aldeas da provincia de Pontevedra. E precisamente para esa lonxevidade fai falla unhas boas condicións de vida entre as que a máis importante é a alimentación, que ninguén duvida que sexa parte do patrimonio inmaterial do que tamén coidan estas mulleres do rural de Sarreaus.

Aparelos e traxes aportados pola asociación de Sarreaus para "atrezzo"

Tamén interviron Rosa Trujillo falando das mulleres da exposición. Rematou o acto institucional Gabriel, delegado da Xunta que falou da importancia que tiveron e teñen as mulleres do rural ao longo da historia de Galicia, e como non é menos hoxe en día.

Rematou o acto con dúas intervencións, unha esperada cal foi a do grupo “Rebulideiras” de Sarreaus e a inesperada de Mariluz Ruibal da Escola de Saúde de Arnuide.