Os Socialistas de Sarreaus demandan a retirada e eliminación dos restos das podas abandonadas nas cunetas da estrada ou-1102

DesbrocesSarreaus01
Os Socialistas de Sarreaus demandan a retirada e eliminación dos restos das podas abandonadas nas cunetas da estrada ou-1102

O voceiro, Javier Bouzas, reclamou a pasada semana por escrito que o Concello proceda a súa retirada ou que traslade a demanda á Deputación por ser unha vía da súa titularidade

Os socialistas de Sarreaus demandan a inmediata retirada e eliminación dos restos das podas que ficaron abadonadas nas cunetas e marxes da estrada OU-1102. Ó longo deste verán estivéronse a acometer tarefas de limpeza e desbroce nesta vía, que é titularidade da Deputación Provincial de Ourense, mais estes traballos, a pesar de ser obrigatorios, necesarios e urxentes, non se levaron acabo de xeito óptimo, dado que os restos das árbores e arbustos feitas coa nova desbrozadora, quedaron abandonados nas cunetas.

DesbrocesSarreaus02Estes espazos ó marxe da estrada están agora nun estado inadecuado e perigoso, ateigados de ramas secas o que supón, a xuízo dos propietarios de leiras colindantes e tamén dos veciños e veciñas, un perigo engadido ante posibles incendios forestais.
Así pois, o voceiro dos socialistas neste muncipio ourensán, Javier Bouzas, reclamou a pasada semana por escrito que o Concello de Sarreaus proceda a inmediata retirada dos mencionados restos das podas feitas nesta estrada. Tamén solicitou que de ser competencia exclusiva da Deputación de Ourense, por ser quen acometeu as podas e ser unha vía de seu, que se comunique a esta institución para a súa eliminación coa máxima celeridade e urxencia.