10 de octubre de 2016, 23:24
Un lume deu comezo arredor dunha vivenda en Sarreaus. Pasaban das 18.30h cando os bombeiros se achegaron ata o lugar para sofocar as lapas. Os veciños e veciñas de Sarreaus colleron medo pola súa proximidade ás casas.
Ata o lugar do suceso achegáronse tamén efectivos da Garda Civil.
Así as cousas todo quedou nun susto e pasadas as 19h da tarde o lume quedou extinguido.
Polo momento descoñécense as causas do pequeno incendio que empezou a carón desta vivenda de Sarreaus que correu o risco de arder.