A Xunta inicia as obras de reforzo da seguridade viaria nun treito da vía da plata coincidente coa estrada autonómica na ou-113 ao seu paso por Sarreaus

A Xunta inicia as obras de reforzo da seguridade viaria nun treito da vía da plata coincidente coa estrada autonómica na ou-113 ao seu paso por Sarreaus

Gabriel Alén explicou que nesta actuación, encamiñada a favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia do peregrinos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 34.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, o inicio das obras de reforzo da seguridade viaria e da accesibilidade na OU-113 no treito paralelo coa Vía da Plata, nas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 34.000 euros.

As actuacións consisten na creación dunha cuneta transitable de 1, 5 metros de ancho, no tramo da OU-113 entre os puntos quilométricos PK 34+760 a 35+200, executando previamente a retirada de capa de terra vexetal, posterior escavación, recheo e apisoando a gabia ata alcanzar a cota necesaria para executar o firme de formigón da cuneta transitable como senda do camiño. Nun tramo de 180 metros é necesario a execución de unha drenaxe con tubo de 160 mm de diámetro, debido a mananciais que existen na cuneta existente.