10 Fermosas ilustracións deseñadas por Patricia Joga e Marcos Castillo.

cats-Mulleres 1
10 Fermosas ilustracións deseñadas por Patricia Joga e Marcos Castillo.

AS MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA é unha pequena pincelada de recuperación e visibilización de historias.

O logro da igualdade de xénero é máis que un obxetivo, é unha condición previa para afrontar o reto de reducir a pobreza, promover o desenvolvemento sostible e a construcción dunha sociedade xusta.

A miúdo as mulleres fomos marxinadas na “historia oficial” e se queremos un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres temos que facer un esforzo de recuperación de historias.

Fai poucas décadas que temos a posibilidade de comezar a descubrir unha historia oculta durante séculos. As mulleres, ademais da súa aportación para soster o fogar como nais e coidadoras (que xa non é pouco) realizaron unha importantísima labor no desenvolvemento político, científico, social e económico… que a historia - escrita por homes - invisibilizou.

Vendéronnos que a historia dos homes era extensiva á historia da humanidade. Pero onde estamos nós? Onde estamos as mulleres?

AS MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA é unha pequena pincelada de recuperación e visibilización de historias.

E non queríamos ir moi lonxe. Non facía falta. Queríamos falar das nosas. Das nosas mulleres. De mulleres bravas, de mulleres que forman parte da historia da nosa vila. Mulleres que fixeron historia no pasado e fan historia no presente. Historia que non queremos que sexa descoñecida, merece ser visibilizada e valorada.

A selección fíxose con perspectiva de xénero, pondo en relevo a súa valentía, a relevancia do seu traballo, a súa aportación á sociedade ou o ter sido precursoras nalgunha actividade “só de homes”.

Puxémoslle cara nesas ilustración e agora imos darlle voz

Saray R. Bohórquez (CDR O Viso)

CARMEN AGULLÓ DÍAZ ( Xinzo de Limia1957)

Carmen AgullóLicenciada en Psicoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación , e Doutora en Pedagoxía. É unha das investigadoras con máis prestixio no ámbito español sobre a historia da educación das mulleres.
Hoxe é profesora titular do Departamento de Educación Comparada e Educación na Universitat de Valencia. Cos seus traballos contribúe a darlle voz ás mulleres silenciadas na historia e a defender a educación pública.
O seu traballo cobra moita relevancia cando participa no documental ¨Las Maestras de la República¨ dirixido por Pilar Pérez Solano que foi gañador do Goya á mellor película documental no ano 2014.

EMILIA BARRIO RODRÍGUEZ (Ganade 1951)

Emilia BarrioHistoriadora e xornalista está vinculada ós movementos asociativos con firme compromiso feminista e defensores da igualdade de xénero en Andalucía.
Pioneira feminista , xa no ano 1979 foi unha das organizadoras das II Xornadas Nacionais do Movemento Feminista.
Presidiu en diferentes etapas o Forum de Política Feminista de Granada. Actualmente é Vicepresidenta do Consello Municipal da Muller e membro do Consello Social da cidade de Granada.
Contaremos con Emilia nalgún momento deste ano para algunha xornada, obradoiro, mesa rededonda… Feminista. Porque o discurso non pode quedarse no acto do 8M. Ela hoxe non podía estar aquí, pero estará…

FINA CALLEJA (Gudín 1969)

Fina CallejaLicenciada en Ciencias da Información é unha recoñecida actriz de teatro e televisión .
Forma parte do elenco de actrices da prestixiosa compañía Sarabela Teatro pero tamén asume as responsabilidades de produtora artística e distribución. Ademais exerce de docente na Aula de Teatro Universitaria de Ourense.
Fina Calleja recibe o premio María Casares ó mellor texto adaptado polas versión teatrais de O lapis do carpinteiro e Segismunda, compartido con outras compañeiras da compañía.

A súa popularidade dispárase cando participa na serie de televisión ¨Padre Casares¨ no papel de Moncha, casada co alcalde da localidade. Pero traballa e outras moitas series, como por ex ¨El final del camino¨ e ¨ Viradeira¨.