Varias empresas de Xinzo levan 15 días sen internet nin telefono fixo
Varias empresas ubicadas na Pista da Armada denuncian a situación que están a sufrir, que consiste nin mais nin menos que a día de hoxe están totalmente aisladas. Non teñen nin telefono fixo, nin Internet nin poden desviar o fixo aos móbiles posto que tecnicamente ás operadoras lles é imposible.

Os máis afectados pertencen a Movistar, dos que reciben a diario, en cada chamada a contestación que en 24/48 horas se soluciona, pero levan así 15 días.
Desta maneira non poden atender as chamadas dos clientes nin toda a operativa diaria que hoxe nunha empresa é imposible facela sen estar conectados a internet.
Descoñecen os motivos, aínda que intúen que como por esa zona aínda tiñan liña de cobre, esta haxa desaparecido. Tamén ven que despois da ponte sobre o río ao pasar a pista Sitival, están uns cables cortados que poderían ser da liña de subministro.