O 25n estivo tamén presente no Rosalía de Castro de Xinzo

25N_004
O 25n estivo tamén presente no Rosalía de Castro de Xinzo

Por una banda, o alumnado de quinto de primaria acudiu a representación da obra "Somos Iguais"

"Para conmemorar este 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado do CEIP Rosalía de Castro participou en diversas actividades e obradoiros para concienciarse da importancia de detectar e erradicar este tipo de comportamentos.

25N_001

Por una banda, o alumnado de quinto de primaria acudiu a representación da obra "Somos Iguais" con Raquel Queizás onde a través de distintas historias e contos os nenos e nenas puideron descubrir outro enfoque sobre igualdade de xénero, roles de sexo, ....
25N_002 O alumnado de cuarto de Primaria, a través do CIM do concello de Xinzo de Limia, asistiron a unha charla-obradoiro onde se traballaron aspectos relacionados coa violencia de xénero e se puxeron de relevancia os estremecedores datos de mulleres que sufriron e sufren esta lacra ao longo do 2021.
Os nenos e nenas de terceiro de Educación Primaria contaron coa presenza das voluntarias de Cruz Vermella, onde noutra actividade lúdico-formativa traballouse igualmente a problemática que neste día conmemoramos.
Do mesmo xeito ao longo dos días previos, todo o alumnado e profesorado do centro participou na decoración con lemas nas entradas do colexio en un gran "PhotoCall" co lema "Voando libres", onde todos os nenos e as nenas colaboraron coa súa pluma como achega a todo este ambiente reinvindicativo."

cats