O 2º obradoiro de animación sociolaboral no marco do programa ruralemprégate do C.D.R. “O Viso” tivo lugar en Lodoselo

cats33
O 2º obradoiro de animación sociolaboral no marco do programa ruralemprégate do C.D.R. “O Viso” tivo lugar en Lodoselo

O pasado martes 26 de febreiro

O martes 26 de febreiro en horario de 10:00 a 13:00hs tivo lugar o 2º encontro de animación e orientación laboral do Programa RuralEmprégate do C.D.R. “O Viso” na aula de formación do CIX da Limia.

A sesión inicial comezara o 12 de febreiro, e desta volta o pasado martes 26, participaron 8 persoas. A temática tratada foi Autoanálise xa que se entende que para sacar proveito aos recursos e potencialidades persoais –o primeiro paso- é tomar conciencia dun ou dunha mesma. Así pois analizáronse as aptitudes, as actitudes e as motivacións das persoas participantes de cara ao aumento do seu nivel de empregabilidade. Deseguido, analizarase o mercado laboral da comarca coa idea de aumentar as posibilidades de inserción do grupo participante respondendo ás necesidades do empresariado ou da sociedade en xeral.

A dinámica xerada de participación e a avaliación obtida permitiu concluír a necesidade de compartir e adestrar a busca. Citámonos para o 12 de marzo tamén no mesmo horario.

cats2Esta actuación é financiada ao abeiro da ORDE do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).