Accidente na montaxe do escenario da orquestra en Lamas

Parte dereita siniestrada
Accidente na montaxe do escenario da orquestra en Lamas

O comezo da festa hoxe, retrasarase un par de horas

Esta tarde, cando faltaba moi pouco para rematar a montaxe do escenario da orquestra que ía actuar no día de hoxe nas festas de Lamas, un anaco do escenario, na súa parte superior descolgouse nun lateral o que provocou que o técnico montador sufrira un accidente tende que ser trasladado en ambulancia ao CHOU.

Membros da comisión deliberando sobre o proceder
Membros da comisión deliberando sobre o proceder

Un dos músicos tamén sufriu un pequeno accidente co seu compañeiro, pero non tivo que ser asistido.

Ata o lugar do suceso desprazáronse membros de Protección Civil de Xinzo e unha patrulla da Garda Civil ademais dos servicios do 061 que trasladaron ao ferido.

Á ESPERA DUN CAMIÓN GRÚA

Os membros da comisión anuncian que este incidente non suspende a festa na tarde noite de hoxe, simplemente retrasa o comezo da actuación da orquestra. Están a espera dun camión grúa para retirar a columna de altofalantes que penduran da parte sinistrada, para poder continuar. Nestes momentos o recinto está precintado pola Garda Civil.