ADEGAL, logra o primeiro paso para atallar as repercusións negativas da implantación da ZEPA na Limia

Membros da xunta directiva de ADEGAL
ADEGAL, logra o primeiro paso para atallar as repercusións negativas da implantación da ZEPA na Limia
A Directora Xeral de Conservación da Natureza convocará unha mesa de traballo, de xeito inminente en Xinzo, para debatir sobre...

A Directora Xeral de Conservación da Natureza convocará unha mesa de traballo, de xeito inminente en Xinzo, para debatir sobre estes problemas

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, trasladouse na tarde de onte a Ourense, previa cita solicitada, a unha reunión cos responsables da Consellería Medio Ambiente para tratar a problemática da aplicación do PLAN DIRECTOR DA REDE NATURA 2000 DE GALICIA. Acompañando a esta Asociación e representando a comarca da Limia, uníronse os alcaldes de Xinzo de Limia, Vilar de Santos, Trasmiras, Sandiás, Porqueira, Sarreaus e Rairiz de Veiga, que xunto cos membros dos sectores que ADEGAL representa, o agrícola, o gandeiro e o empresarial, e por parte da Administración co Delegado da Xunta en Ourense, a Directora Xeral de Conservación da Natureza, o Xefe Territorial de Medio Ambiente en Ourense e o Xefe de Servizo de Conservación, se manifestaron as posturas, a problemática e o mal estar da comarca limiá ante a normativa vixente e a aplicación do Plan Director (ZEPA A Limia e ZEC Veiga Ponte Liñares), que xera un gran perxuicio para o sector primario, base económica, social e cultural da Limia. ADEGAL leva traballado insistentemente en alcanzar unha solución á problemática da implantación dos espacios protexidos nesta comarca agraria, a máis importante de Galicia, na que se teñan en conta as peculiaridades locais desta zona, dende sempre e tradicionalmente compatibles coa conservación do medio. Logo do debate da reunión acaecida na tarde de onte, logrouse, que a Directora Xeral de Conservación da Natureza convoque unha mesa de traballo, que se levará a cabo de xeito inminente e en Xinzo de Limia